Sede electrónica Concello de Lousame

18:34:54 Sábado 23 de xaneiro 2021
Estás en:

Información

Lousame invita os seus veciños a unha sesión formativa o venres 19 para aprender a facer xestións “sen colas, nin horarios” na sede electrónica

16/07/19

Aprender “a facer trámites e xestións sen ter que ir presencialmente ao concello. Sen colas, nin horarios.

Comodamente dende o teu ordenador o dispositivo móbil”: estes son os obxectivos da formación que o concello está publicitando a través da súa web e redes sociais.

Lousame invita así á veciñanza a asistir á sesión que o vindeiro venres, 19, impartirá a axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital na aula de informática da Casa da Cultura.

As persoas interesadas poden inscribirse no concello e a través do teléfono 981 820 494.

Formación Sede Electrónica