Sede electrónica Concello de Lousame

09:31:42 Venres 9 de maio 2025

Información

Secretaría

11/03/2023

Corrección erros RPT Concello de Lousame

EXP: 2021/X998/000103

Asunto: Corrección de erros materiais nun dos documentos da RPT

 

Mediante o presente anuncio faise público que o Pleno Corporativo, na sesión que tivo lugar o día 09/03/2023, adoptou o seguinte acordo relativo á corrección de erros materiais nun dos documentos que conforma a Relación de Postos de Traballo do Concello:

 

“O Pleno Corporativo, órgano competente para adopción deste acordo, adóptao en base aos seguintes antecedentes administrativos e fundamentación xurídica.

 

Antecedentes Administrativos:

 

Primeiro: Dende finais do 2020, ante a ausencia de Relación de Postos de Traballo no Concello de Lousame, e ao longo do ano 2021 leváronse a cabo os traballos necesarios para a elaboración e aprobación do dito instrumento organizativo.

 

Segundo: Unha vez elaborada a proposta da Relación de Postos de Traballo (RPT), iniciouse a negociación coas organizacións sindicais máis representativas, sendo convidados os sindicatos: UGT, CCOO, CSIF e CIG. En virtude deste negociación obrigatoria tiveron lugar as seguintes Mesas Xerais de Negociación:

 

  • Mesa Xeral de Negociación, do día 15.11.2021, cuxo obxecto foi a negociación do “organigrama” e as “funcións” de cada un dos postos de traballo.

 

  • Mesa Xeral de Negociación, do 26.11.2021, cuxo obxecto foi a negociación do cambio introducido no documento “funcións” e a “asignación de puntuacións” a cada un dos postos de traballo.

 

  • Mesa Xeral de Negociación, do 16.12.2021, cuxo obxecto foi a negociación da “valoración económica” de cada un dos postos de traballo e o texto definitivo do documento técnico da RPT, e os prazos de aplicación das valoracións económicas de cada posto.

 

Terceiro: Finalizada a negociación obrigatoria coas organizacións sindicais, foi preciso dotar o crédito necesario para poder aplicar a RPT. Este crédito quedou dotado, para o exercicio 2022, no Orzamento definitivo deste exercicio, cuxa aprobación inicial tivo lugar o 04.03.2022. A aprobación inicial quedou elevada a definitiva ao non terse presentado alegacións durante o período de información pública que finalizou o 29/03/2020. A aprobación definitiva foi publicada no BOP núm. 64 do 04/04/2022.

 

Cuarto: Tras a tramitación do oportuno expediente administrativo, o 04.04.2022 a Alcaldía asina a proposta de acordo para ser sometida a consideración do Pleno Corporativo, facendo referencia a valores do exercicio 2021 (isto é, antes de aplicar o incremento retributivo derivado da aprobación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022).

 

Quinto: Coa finalidade de aprobar un documento técnico actualizado ao exercicio 2022 e facilitar a súa implementación no programa de nóminas, solicítase á consultora que emita o documento actualizado ao exercicio 2022. O 06.04.2022 a Alcaldía asina unha nova proposta de acordo para ser sometida a consideración do Pleno Corporativo, facendo referencia a valores do exercicio 2022.

 

Sexto: Finalmente a Relación de Postos de Traballo resulta aprobada na sesión plenaria do día 27/05/2022; e comeza  aplicarse a partir do día 01/07/2022.

 

Sétimo: Iniciados os traballos de confección do capítulo 1 do Orzamento de Gastos 2023, no momento do cálculo das retribucións dos empregados municipais, detéctase un erro nun dos documentos da RPT no posto de traballo con código 1008:

 

  • No documento denominado Organigrama, Funcións e RPT, na páxina 24 e 68 o complemento específico asignado ao posto 1008 é 7.796,78 €
  • No documento denominado Valoración de postos, na páxina 91 e 92 o complemento específico asignado ao posto 1008 é 6.731,99 €

 

Oitavo: O importe correcto é o que se contén no documento Valoración de postos, que coincide co específico dos restantes postos Auxiliares Administrativos.

Noveno: Solicitado informe á empresa consultora sobre este particular, é emitido o día 25.01.2023, indicando:

 

<<D. Fernando Antonio Tudó Anta, en nombre de la empresa J&L TUDÓ CONSULTING, S.L., con CIF B-70.259.510, redactora de la Relación de Puestos de Trabajo del Ayuntamiento de Lousame, por la presente

 

EXPONE

 

Tras la revisión de los informes correspondientes a la Relación de Puestos de Trabajo del Ayuntamiento de Lousame se ha detectado el siguiente error de hecho: El complemento específico indicado en el informe de “ORGANIGRAMA, FUNCIÓNS E RPT”, páginas 24 y 68, para el puesto de trabajo 1008 – AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A XULGADO DE PAZ no se corresponde con el resultante de la valoración de puestos de trabajo recogido en el informe “VALORACIÓN DE POSTOS” en sus páginas 91 y 92, siendo correcto este último. Se procede, por tanto, a la corrección de las páginas 24 y 68 del informe “ORGANIGRAMA, FUNCIÓNS E RPT”, el cual se adjunta>>

 

 

Fundamentación Xurídica:

 

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas sinala:

 

2. Las Administraciones Públicas podrán, asimismo, rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en sus actos.

 

Á vista dos antecedentes e fundamentos sinalados, o Pleno Corporativo ACORDA:

 

Primeiro: Rectificar o documento Organigrama, Funcións e RPT, obxecto de aprobación definitiva na sesión plenaria do 27/05/2022, no tocante ao posto de traballo con código 1008, sinalando que o complemento específico é o fixado no documento Valoración de postos para o citado posto de traballo.

 

Segundo: Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do Concello.

 

Terceiro: Publicar o documento Organigrama, Funcións e RPT rectificado na sede electrónica do Concello.

 

 

Lousame, na data da sinatura dixital.

 

A Alcaldesa, Mª Teresa Villaverde Pais


Xustificantes de Publicación: