Sede electrónica Concello de Lousame

02:02:55 Sábado 23 de novembro 2024

Información

Secretaría

11/09/2024

Lista admitidos provisionais da bolsa de emprego terapeuta ocupacional Centro de día Lousame 2024

EXP: 2024/E001/000025

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.-

Asunto: Lista de admitidos excluídos provisionais na Convocatoria creación bolsa de emprego terapeuta ocupacional Centro de día Lousame 2024

Expediente: 2024/G003/000629 – 2024/E001/000025

María Teresa Villaverde Pais, Alcaldesa do Concello de Lousame, e no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente en materia de réxime local.

Á vista dos seguintes antecedentes:

  1. Providencia de inicio da Alcaldía do 10.07.2024.
  2. Memoria xustificativa da Alcaldía, do 10.07.2024, da necesidade da contratación administrativa.
  3. Informe do Técnico de Administración Xeral do Concello de Lousame, do 01.08.2024.
  4. Informe do Técnico de Administración Xeral do Concello de Lousame, do 01.08.2024 sobre o borrador das bases de selección.
  5. Bases de Selección para a creación dunha Bolsa de Emprego, do 05.08.2024 asinada pola Alcaldía
  6. Informe de Secretaría-Intervención do Concello de Lousame, do 05.08.2024.
  7. Decreto núm. 527/2024 de data 20.08.2024 polo que aproban as bases reguladoras da convocatoria formación dunha bolsa de emprego para realizar contratación laborais temporais de persoal TERAPEUTA OCUPACIONAL para o Centro de Día do Concello de Lousame.
  8. Publicación do anuncio e das Bases da convocatoria na sede electrónica do Concello de Lousame de data 20.08.2024
  9. Publicación do anuncio da convocatoria no BOP de data 26.08.2024.
  10. Dilixencia de corrección de erros no Decreto núm. 527/2024 de data 29.08.2024.
  11. Publicación da dilixencia de corrección de erros na sede electrónica do Concello de Lousame de data 29.08.2024
  12. O prazo de presentación de instancias rematou o día 09.09.2024.

A vista do anterior e da documentación presentada, en aplicación do disposto na Base décima, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección para Creación Bolsa de traballo TERAPEUTA OCUPACIONAL para o Centro de Día do Concello de Lousame que figura como Anexo I da presente resolución.

SEGUNDO.-  De acordo co previsto na Base Décima, conceder un prazo de tres (3) días hábiles para reclamacións para a emenda de defectos de documentación, ben entendido que non se considerará deficiencia ou erro a falla de presentación de documentación.

TERCEIRO.- De acordo co previsto na Base Décima, publicar a presente resolución de admitidos/as excluídos/as provisionais, no taboleiro de anuncios do Concello máis no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lousame (https://sede.lousame.es/opencms/es)

Asinado en Lousame, por medios electrónicos, pola Alcaldesa, Mª Teresa Villaverde Pais; do que eu, José Martínez Redondo, como secretario accidental e para os únicos efectos de fe pública, dou fe (R.D.128/2018, do 16 de marzo).

ANEXO I

 

Nome e apelidos

Admitido/a

Causa de exclusión e observacións

  1.  

María Filgueira Pérez

SI

 

  1.  

Iria Ferreiro Viqueira

Si

 

 


Xustificantes de Publicación: