Sede electrónica Concello de Lousame

20:48:02 Martes 2 de decembro 2025

Información

Secretaría/Servizos sociais

16/10/2025

Derrogación do actual Regulamento e aprobación dun novo Regulamento de funcionamento do PAI

EXP: 2025/G014/000001

CONSULTA PÚBLICA PREVIA SOBRE UN PROXECTO DE ORDENANZA:

 

ORDENANZA REGULADORA DO RÉXIME INTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE LOUSAME.

 

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e co obxecto de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de ordenanza, debe realizarse unha consulta pública, a través do portal web do Concello, na que se recabará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma, acerca de:

 

  1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  2. A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  3. Os obxectivos da norma.
  4. As posibles solución alternativas regulatorias e non regulatorias

 

No cumprimento do anterior, e segundo o disposto na Orde PRE/1590/2016, do 3 de outubro, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 30.09.2016, polo que se ditan instrucións para habilitar a participación pública no proceso de elaboración normativa a través dos portais web, formúlase a seguinte consulta:

 

Prazo e lugar para facer chegar as opinións

Prazo: Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos plantexados nesta consulta, durante 10 días hábiles, a contar dende a publicación deste anuncio.

 

Lugar: 1) a través da sede electrónica, cubrindo unha instancia xeral onde comunique o que considere relevante para ter en conta na elaboración do texto normativo; 2) presencialmente, no caso de persoas físicas, nas Oficinas Xerais, no seu horario de apertura.

Problemas      que      se      pretenden solucionar coa nova ordenanza.

Preténdese adoptar medidas para adecuar o réxime interior do P.A.I. á normativa en vigor, dando así satisfacción á cidadanía nas súas necesidades de coidado dos seus fillos

Necesidade e oportunidade da súa aprobación

Resulta de especial relevancia para este Concello acometer esta aprobación normativa dado que a a adaptación ás normas é unha necesidade para s óptima prestación do servizo do P.A.I. preservación do medio e dos recursos naturais son unha prioridade e redundan nunha mellora na calidade de vida de todos o veciños.

 

Obxectivos da norma

É regular a prestación do servizo do P.A.I. do municipio de Lousame mediante a regulación do seu réxime interior de acordo a normativa vixente e aos criterios de inspección da Xunta de Galicia.

 

Posibles     solucións      alternativas, regulatorias e non regulatorias

Despois dun análise previo da situación, considérase que a derrogación da actual ordenanza e a aprobación dunha nova é a mellor solución regulatoria posible para garantir o correcto desenvolvemento do servizo que presta o P.A.I.; non atopando outras solucións alternativas, para acadar o dito fin.

 

En Lousame, na data da sinatura dixital.

 

O alcalde.

Esteban Ares García.


Xustificantes de Publicación: