Aprobación inicial do Plan Municipal de Prevención de Incendios
Por acordo do Pleno, do día 27 de novembro de 2020, aprobouse inicialmente Plan Municipal de Prevención de Incendios do Concello de Lousame asinado por Mª del Carmen Paz López (enxeñeira técnica forestal, colexiada 1.265) e Pablo Arbones Maciñeira (enxeñeiro de montes, colexiado 2.171)
Sométese o expediente a información pública polo prazo 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formulen as alegacións que estimen pertinentes ou obtención de copias. Do mesmo xeito, estará a disposición na sede electrónica deste Concello.