Aprender “a facer trámites e xestións sen ter que ir presencialmente ao concello. Sen colas, nin horarios.
Comodamente dende o teu ordenador o dispositivo móbil”: estes son os obxectivos da formación que o concello está publicitando a través da súa web e redes sociais.
Lousame invita así á veciñanza a asistir á sesión que o vindeiro venres, 19, impartirá a axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital na aula de informática da Casa da Cultura.
As persoas interesadas poden inscribirse no concello e a través do teléfono 981 820 494.