Sede electrónica Concello de Lousame

11:56:29 Xoves 14 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas PEL-REACTIVA

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento de "Solicitude de axudas PEL-REACTIVA" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas polas persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas ao abeiro do FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES (PEL-Reactiva), do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. (Ver Bases)

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello.

A contestación a requerimentos e a xustificación realizarase a través do procedemento de Achega de Documentación.

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

 

Requisitos das persoas beneficiarias
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.
  • Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Non ter débeda algunha co concello.
  • Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas previstas na Base 14.

Requisitos específicos das persoas físicas
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas
A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

Desde o día 11/11/2020 ata ás 14:00 horas do día 25/11/2020.

  • Solicitude de axudas PEL-REACTIVA.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado). 
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.
  • Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.
  • Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE