OEP 2023. Auxiliar Administrativo. Lista provisional de admitidos e excluidos
EXP: 2026/E001/000010
As emendas deben estar referidas exclusivamente á documentación existente e con data anterior á finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación. No caso concreto das taxas por dereito de exame, só caberá a emenda de ter realizado o ingreso durante o citado prazo de presentación de instancias e non se achegase o xustificante de telo realizado, non admitíndose o ingreso da taxa (no caso de que así proceda) nun momento posterior á data de finalización do prazo de presentación de instancias.
Transcorrido o prazo de emenda, a Alcaldía aprobará a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará no Taboleiro da sede electrónica do Concello de Lousame.
O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós aspirantes posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.
Contra a Resolución da Alcaldía aprobando a lista definitiva poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do contencioso administrativo de A Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro (LPACAP) e o artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen oportuno.