Sede electrónica Ayuntamiento de Lousame

18:18:19 Viernes 20 de noviembre 2026

Información

Secretaría

16/11/2026

Convoc e Selec Aux Adm (OEP 2023). Acta 8 Tribunal. Cualificación final. Proposta nomeamento

EXP: 2026/E001/000010

Base núm. 14:

“Ademais, contra os acordos, actas e valoracións realizadas polo Tribunal de Selección cabe interpoñer recurso de alzada no prazo de un (1) mes a contar desde a publicación ou notificación do acordo, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ante a Alcaldía-Presidencia da Corporación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de alzada será de tres (3) meses. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución, poderase entender desestimado o recurso conforme o previsto no artigo 122.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Contra a resolución dun recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, agás o extraordinario de revisión, nos casos establecidos no artigo 125.1 da mesma Lei”

BASE 11: RELACIÓN DE PUNTUACIÓNS. PROPOSTA DE ASPIRANTE A SER NOMEADO FUNCIONARIO DE CARREIRA. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS

1.- Finalizado o proceso selectivo, o Tribunal fará pública, mediante anuncio no Taboleiro da sede electrónica do Concello de Lousame, a relación das puntuacións dos aspirantes, ordenados en función da cualificación final obtida por cada un deles, segundo o regulado na Base 10. Esta relación incluirá a proposta á Alcaldía de nomeamento de funcionario de carreira en favor do aspirante que obtivera a maior cualificación final. A proposta do Tribunal ten carácter vinculante para a Alcaldía.

A persoa aspirante proposta polo Tribunal para ser nomeada funcionaria de carreira, deberá achegar, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación á que se refire o parágrafo anterior, a seguinte documentación:

1º.- Copia do título académico esixido na base 5ª ou, no seu defecto, certificado do órgano educativo competente que acredite a superación de todas as asignaturas ou créditos ECTS esixidos e, no seu caso, o abono das taxas académicas correspondentes á expedición do título.

2º.- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado, o acceso ó emprego público.

3º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ao momento da súa toma de posesión.

4º.- Comunicación do número de afiliación á seguridade social.

5º.-Certificación de número de conta bancario expedido pola entidade bancaria, aos efectos de ingreso dos haberes mensuais.

2.- No mesmo prazo sinalado para a presentación da documentación ou noutro que lle indique o Concello, o aspirante seleccionado someterase a recoñecemento médico polos servizos do Concello, para acreditar que non padece enfermidade ou defecto físico nin psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

3.- Os aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes.

4.- A persoa proposta que dentro do prazo indicado (salvo casos de forza maior debidamente acreditados e xustificados) non presentase a documentación, ou non se sometese ao recoñecemento médico, ou da documentación presentada se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos nas Bases, no poderá ser nomeada funcionaria de carreira, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na súa solicitude de participación.

De darse estes supostos, e co fin de asegurar a cobertura da vacante, aos efectos do disposto no artigo 61.8 do TREBEP, o Tribunal outorgará un novo prazo de 10 días naturais, para que o seguinte aspirante por orde de puntuación na Cualificación Final achegue a documentación correspondente para proceder ao nomeamento.


Justificantes de Publicación: