Aprobación definitiva modificación RPT Concello de Lousame
EXP: 2023/X998/000091
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 05.04.2024, adoptou o acordo relativo á modificación da Relación de Postos de Traballo, cuxo texto íntegro se recolle como anexo a este anuncio.
Contra o acordo plenario do día 05.04.2024, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses a contar dende a publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Previamente cabe interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o Pleno Corporativo, no prazo dun mes a contar dende a publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
No cumprimento do artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, publícase o texto íntegro do documento técnico que contén a modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Lousame